Hoxe os pequech@s trouxeron máis árbores para a nosa exposición. Todos diferentes, fermosos e cheos de ilusión. E o mellor e que todos coinciden no mesmo, que facelos en familia foi o máis divertido de todo.
RAÚL realizou unha árbore empregando papeis de pasteliños, honrando a profesión dos seus pais, que son pasteleiros. Quedou unha árbore super colorida!
GUILLERMO fixo a estructura da súa árbore dobrando follas dunha revista que despois coloreou de dourado e adornou con fotos familiares en forma de estrela.
CLAUDIA realizou dúas árbores empregando técnicas e materiais diferentes:
- Unha fixoa con cartolina á que lle deu a forma de árbore e decoruna con debuxos feitos por ela e purpurina.
- A outra fixoa recortando un prato de papel en triángulos que logo montou para formar a árbore. Os adornos eran pegatinas.
XULIA optou por unha árbore de cartón, con varias boliñas, un paxariño e un moucho. Ademais recoulleu froitos de diversas árbores que quedaban perfectos para completar a decoración desta árbore.
PEDRO centrou a súa árbore nos CD´S , que colocou de xeito que simulase un abeto. Adornou cada CD dun xeito diferente: tapas, pompóns, purpurina, papeis de cores...
ANXO CASTRO trouxo unha árbore cunha "cara" de cada cor, realizada con cartolinas brillantes. Os adornos son pompóns de lá.
IAGO elexiu materiais naturais para aleborar a súa árbore: paos e piñas que pintou de cores.
A nosa exposición vaise enchendo de máis e máis árbores...
Sen a vosa colaboración non sería posible.
Mil grazas familias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.