luns, 14 de decembro de 2015

SEGUEN CHEGANDO ÁRBORES DE NADAL...

ELSA trouxo unha árbore que tiña varias pisos, feitos pregando círculos de papel, que simulaban as ramas dun abeto. 

MARIO fixo a súa árbore con dous triángulos de carton encaixados, que decorou con bloñas de purpurina prateada e un gran lazo dourado ao redor. 


Son tantas as árbores que trouxéchedes para a nosa EXPOSICIÓN que quedóusenos pequeno o espazo e tivemos que improvisar unha nova zona...


MIL GRAZAS FAMILIAS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.