sábado, 31 de outubro de 2015

NOITE DO SAMAÍN



Hoxe, entre a noite do 31 de Outubro e a madrugada do 1 de Novembro, terá lugar o SAMAÍN.



FELIZ NOITE DO SAMAÍN!

venres, 30 de outubro de 2015

CORRE, CORRE CABACIÑA...

Un dos recursos cos que estivemos traballando esta semana no cole o SAMAÍN foi "CORRE, CORRE CABACIÑA", un conto da editorial OQO.




Tamén traballamos coa súa versión en canción, que se atopa dentro do libro "CONTOS EN CANTOS" da mesma editorial.





Aos pequechiños encántalle. Coñecen a historia de memoria: unha velliña que se atopa con tres feras que a queren papar cando vai de camiño á voda da neta, e que á volta consegue enganalas dun xeito moi creativo e relacionado co Samáin. 

Queredes coñecer esta historia? Pois aquí vola deixo:

CONTO: "CORRE, CORRE CABACIÑA"




CANCIÓN: "CORRE, CORRE CABACIÑA"



Espero que gocedes durante estes días vendo, escoitando e cantando esta peculiar historia xunto cos vosos pequechos.


DÍA DO ENSINO

FELIZ DÍA DO ENSINO




COCIÑANDO CON CABAZA...

O último día desta semana especial de SAMAÍN (pois mañán é festivo por tratarse do día do ensino) as CABAZAS seguiron sendo as grandes protagonistas...

XULIA trouxo  unhas MAGDALENAS DE CABAZA E CACAO que preparou coa súa nai para compartir cos seus compañeiros. Mandáronnos a receita e Xulia explicounos os ingredientes que usaran e como as fixeran. 


Na hora do recreo probámolas e estaban deliciosas, de chuparse os dedos... non deixamos nin unha!

Ademáis hoxe realizamos na clase unha receita... BISCOITO DE CABAZA.



O priemeiro foi mirar os INGREDIENTES que precisávamos e en que cantidades:




Despois fomos realizando a RECEITA paso a paso:

* PESAR os 300 gr de CABAZA (eu xa a trouxen pelada e troceada, xa que é bastante dura e o coitelo é algo perigoso)

* Facer ao VAPOR á cabaza, aproximadamente 5 minutos no microondas (pode ferverse nunha pota, so que ao non ter cociña no cole, a opción do microondas é moi cómoda)







* MACHACAR a CABAZA, empregando garfos (tamén pode triturarse).






* CASCAR 4 OVOS.







* PESAR 250 gr de AZÚCRE 









* BATER os ovos é o azúcre.







* MEDIR 75 ml de ACEITE e incorporalos na mestura anterior. Seguir batendo.






* PESAR 300 gr de FARIÑA, e botala noutro recipiente.






* Añadir os 16 gr de LEVADURA (equivale aproximadamente a un sobre)




* Botarlle unha pizca de CANELA.







* REMEXER a fariña xunto coa levadura e a canela para que queden integrados. Logo incorporar esta mestura á que tiñamos reservada e BATER todo  ben.






* Por último engadir a CABAZA e bater ata que quede todo ben integrado.










* Botar a mestura no MOLDE.








* FORNEAR durante uns 35 minutos a 180 º.









* PROBALO!





* Como o forno que temos no cole é algo pequeno e non apura tanto coma os da casa, decidín levar un par de biscoitos de cabaza, que fixen onte na casa, para compartir cos compañeiros de 4 anos B.


* Despois de probar as magdalenas e o biscoito, os pequenos tomaron a súa merenda, e MARIÑA ensinounos unhas galletas que fixo coa súa nai con forma de morcego e de pantasma... típico do Samaín. Que chulas!


mércores, 28 de outubro de 2015

MORCEGOS

O SAMAÍN ten unha simboloxía particular e relaciónase directamente coas cabazas, pero hai máis personaxes e animais que se relacionan con esta celebración: pantasmas, bruxas, esqueletos, arañas, mouchos, curuxas, morcegos...

Hoxe centrámonos nos MORCEGOS
* Son de cor negra.
* Son os únicos animais que non son aves e poden voar. 
* Parecen "ratas" con ás.
* Son animais nocturnos: durmen de día e fan vida pola noita.
* Durmen colgados boca abaixo e envoltos coas súas ás.

Falamos de que hai unha clase de morcegos que son os VAMPIROS en torno aos cales xir a lenda do CONDE DRÁCULA, unha figura aterradora, protagonista de moitas historias de medo.

* Curiosidade:

¿Cúal es el único animal que tiene 
las 5 vocales en su nombre?

MURCIELAGO


Intentamos representar dunha maneira un tanto especial, xa que as ás do nosos morcegos eran peculiares...






















Na porta principal do noso cole, pódense ver MORCEGOS formando parte da decoración do Samaín.




martes, 27 de outubro de 2015

MÁIS COUSAS CON CABAZAS...

Durante toda esta semana as CABAZAS serán as grandes protagonistas.

Hoxe varios pequechos sorprendéronnos con varias cabazas que fixeron nas súas casas con axuda das súas familias e que quedaron "terroríficas e aterradoras". Despois de que nos contasen como as fixeron, levámolas para fora para colocar na EXPOSICIÓN DO SAMAÍN, que hoxe apliouse, xa que tivo lugar o taller de cabazas dos alumnos de 3 anos.


MATEO - XULIA - ÁLVARO - MARTA - RAÚL



Pero as cabazas non so cumplen unha "misión" decorativa durante o Samaín, pois tamén se empregan na alimentación, tanto en pratos doces coma salgados.

Onte collemos as pipas das cabazas que baleiramos no taller para poñelas a secar, poder comelas e tamén empregalas como sementes para prantar na primavera no noso horto. Aproveitando a parte da "pulpa" destas cabazas,  as mestras de 4 anos, preparamos unha CREMA DE CABAZA para que hoxe a probasen os pequenos. 

Primeiro explicamos o proceso de elaboración: cocer a cabaza (si se desexa engadir algún outro vexetal) nunha pota con auga, aceite e sal. Triturar. 

Despois ulimos e probamos a crema.


As cabazas poden ser de diferentes formas e cores, como puidemos ver onte no taller e hoxe nas diferentes imaxes que buscamos.



Despois cada pequecho debuxou a cabaza que máis lle gustou e deulle o aspecto que máis lle gustou, para o Samaín




GRANADA... MMM!

Gran a gran desgranamos a GRANADA que hoxe trouxo AROA para compartir cos seus compañeiros na hora da merenda.



Que ricos e variados son os FROITOS DO OUTONO, mmm!


Moitas grazas AROA!

luns, 26 de outubro de 2015

TALLER DE CABAZAS

A noite do 31 DE OUTUBRO ten lugar un acontecemento moi especial na nosa terra galega... O SAMAÍN



Hoxe os pequechos levaron para a casa un BOLETÍN no que aparece información destacada sobre a orixe desta festa, xa que por desgraza durante moito tempo estivo non esquecemento e pouco a pouco estámola recuperando.


Con motivo do SAMAÍN durante toda esta semana no cole realizaremos diversas actividades relacionadas con esta pintoresca data. E que mellor que comezar cun TALLER DE CABAZAS na que as FAMILIAS puideron participar e no cal o pasamos xenial.


Nais, pais, avós, avoas, tíos, e demais familiares viñeron a compartir a mañá cos pequechos mentres desfrutaban decorando as cabazas.








Cando as remataron puxemos todas as CABAZAS no hall da entrada do cole. 




Despois os pequechos puxéronse a retirar as PIPAS que quedaron ao baleirar as cabazas.



Foi unha experiencia inolvidable!

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!

* E os que non puidéchedes vir por incompatibilidade horaria prometemos programar mais actividades deste tipo en horario de tarde para facilitar a máxima participación!