Xa que estes días aproveimtamos o que chega á aula sobre o outono para aprender, esta vez imos a centrarnos un pouquiño máis no MILLO.
E que mellor maneira de aprender que cantando e divertíndonos?
Cando PEDRO trouxo antonte a mazaroca de millo á clase falamos de diferentes productos que saían do millo entre eles o PAN DE MILLO.
O grupo MIGALLAS ten un pegadiza e movida canción sobre el, na que describen paso a paso o gran traballo que hai detrás da elaboración do pan de millo dende a semente ao momento de probalo.
Deíxovos aquí o videoclip versión karaoke para que a cantedes cos vosos pequechos. Eles xa estiveron practicando, así que animádevos!
Tamén visionamos unha CURTAMETRAXE chamada "LA GALLINITA SABIA", na que ademáis de falar sobre o o MILLO tamén se traballan aspectos coma: ser folgazáns, a mentira, a importancia de colaborar... Espero que vos guste tanto coma lles gustou os pequechiños.
A gozar desta tarde de sábado en familia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.