Durante toda esta semana as CABAZAS serán as grandes protagonistas.
Hoxe varios pequechos sorprendéronnos con varias cabazas que fixeron nas súas casas con axuda das súas familias e que quedaron "terroríficas e aterradoras". Despois de que nos contasen como as fixeron, levámolas para fora para colocar na EXPOSICIÓN DO SAMAÍN, que hoxe apliouse, xa que tivo lugar o taller de cabazas dos alumnos de 3 anos.
MATEO - XULIA - ÁLVARO - MARTA - RAÚL
Pero as cabazas non so cumplen unha "misión" decorativa durante o Samaín, pois tamén se empregan na alimentación, tanto en pratos doces coma salgados.
Onte collemos as pipas das cabazas que baleiramos no taller para poñelas a secar, poder comelas e tamén empregalas como sementes para prantar na primavera no noso horto. Aproveitando a parte da "pulpa" destas cabazas, as mestras de 4 anos, preparamos unha CREMA DE CABAZA para que hoxe a probasen os pequenos.
Primeiro explicamos o proceso de elaboración: cocer a cabaza (si se desexa engadir algún outro vexetal) nunha pota con auga, aceite e sal. Triturar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.