Hoxe ANXO CASTRO trouxo unha bolsa que contiña algo que enseguida captou a atención dos pequechos.
Tratábase de PHYSALIS, uns froitos moi particulares tanto na súa apariencia coma no seu sabor.
A PLANTA DE PHYSALIS é orixinaria de América do Sur. Non soe superar o metro de altura, ten unha follas con forma de "corazón", unhas flores moi chamativas de cor amarelo con motas marróns e uns froitos que medran dentro dunha "carcasa" que os protexe. Mentres está de cor verde e que está madurando o froito, cando esta carcasa está de cor amarelo ou alaranxado e que xa está lista para comer. Como puidemos comprobar nunha pequena ramiña que Anxo tamén trouxo, na que puidemos apreciar todos estes elementos.
Para coñecer mello os PHYSALIS a funcionar os nosos 5 SENTIDOS:
* Os PHYSALIS son redondos, do tamaño dunha
cereixa e parecidos a un tomatiño cherry.
A súa cor e entre amarela e alaranxada.
* A súa textura é dura e lisa. A carcasa pola contra era suave e fráxil.
* Colocámola preto da orella mentres a tocábamos e escoitamos o cruxir da carcasa contra os nosos dedos.
* Os froitos teñen un arrecendo particular e agradable.
* O seu sabor é ácedo cun toque doce.
Moitas grazas ANXO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.