mércores, 21 de outubro de 2015

APORTACIÓNS DOS ALUMNOS

Hoxe varias pequechas trouxeron cousas á clase para compartir cos seus compañeiros. 



NAZARET trouxo unhas follas de "plátanos" das que o vento destes días fixo sair voando e rematar no chan. Ademáis trouxo unhas poucas castañas.

XULIA trouxo o libro-cd de PAN DE MILLO, no que estaba a canción que aprendemos estes días, con ese mismo nome, ademáis doutras moitas.

SARA trouxo un caqui para compartir na hora da merenda.

MARIÑA apañou CROUCHOS (noces) dunha nogueira que ten na súa casa. 
Ao abrilos para ver como eran por dentro, aproveitei para ensinarlles unha pequena manualidade:


UN BARQUIÑO DE CÁSCARA DE NOZ

Empregamos a cáscara da noz como bote, un pauciño de landra como mastil, para suxeitalo colocamos un pouco de plastilina, e para a vela empregamos un anaco de folla de millo (un barquiño con materiais do outono).




Como abrimos moitas noces, os pequechos levaron para a casa unha cáscara para facer o barquiño coa familia. (Podedes empregar un palillo e un anaco de papel).

Tamén aproveitamos para escoitar unha canción que fala deste tipo de barco...

"Mamis e papis..." sóavos?



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.