mércores, 7 de outubro de 2015

CABAZAS

E que productos do outono chegoron hoxe á nosa aula?

CABAZAS

ANXO CASTRO trouxo 5 CABAZAS para ensinárllelas aos seus compañeiros. Puidemos ver que non todas as cabazas son redondas e laranxas, senón que hainas de moitos tipos. Que son o elemento representativo do SAMAÍN, pero tamén están deliciosas en crema ou puré, e incluso nalgún postre.



Pregunteilles se sabían como nacían e medraban as cabazas, e moitos crían que estaban enterradas no solo. Por iso aproveitamos a ocasión para facer unha pequena SAÍDA polo entorno, posto que pola rúa do cole, un pouco máis arriba hai unha "PLANTACIÓN DE CABAZAS", e decidimos ir a visitalo, para así comprobar as nosas hipóteses. Chus e a profe Carmen acompañáronnos.





Cando chegamos observamos que as cabazas estaban por riba da terra, pois son PRANTAS RASTREIRAS. Ten follas moi grandes que ocultaban as cabazas que aínda eran pequeniñas e tivemos que buscar detidamente para atopalas. Tamén nos fixamos nas flores tan vistosas e grandes de cor amarelo. Recollimos varias mostras para levar á aula e falar detidamente delas.  





No medio das prantas de cabaza, atopamos MILLO, que está presente na nosa MESA DO OUTONO, do que xa falamos días anteriores.


De volta ao cole paramos na POLICÍA AUTONÓMICA, fixámonos en que os coches de policía teñen o NÚMERO DE EMERXENCIA rotulado, o 112, ao que hai que chamar en caso de que ocorra algo.



Ao chegar á aula, de novo puxemos a funcionar os nosos 5 SENTIDOS para obsevar as mostras recollidas. 



Comprobamos que as FOLLAS tiñas un filamentos duros e que incluso pinchaban un pouco.



Collemos 2 flores e fixámonos que no interior non eran iguais. Iso é debio a que unha era unha flor MASCULINA e outra FEMININA



Tamén puidiemos observar como vai medrando a cabaza. Comeza a "engordar" a parte posterior da flor, ata que esta cae e a cabaza segue desenvolvéndose.



E despois de todo... pusémonos a debuxar todo o que aprendemos hoxe. Este é o resultado:





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.