HOXE SI!
Onte non puidemos ver ningún cambio, pois as 2 eirugas "exploradoras" que se escaparan e estaban en posición para formar a crisálida, non fixeran nada, pero... HOXE SI!
A do marco da porta segue alí arriba, e ten o mesmo ascpecto que as outras 3, verde con manchiñas amarelas. Pero a do mantel, (debido a un pequeno percance, pois un pequen@ tocouna e soltouna), metémola dentro da urna coas demais para ver se consegue facer a metamorfose. O accidente fixo que a súa crisálida sexa dun tono marrón.
En total temos 5 CRISÁLIDAS.
A EIRUGA que falta, segue comendo sen parar para poñerse o suficientemente grande e rechoncha antes de transformase en crisálida. A ver cando se anima?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.