martes, 6 de outubro de 2015

O MISTERIO DAS EIRUGAS

Hoxe as nosas EIRUGAS metéronnos un pequeno susto... Cando fomos a mirar o que acontecera non nos daban as contas:



* A eiruga que onte quedaba colocada xa fixera a CRISÁLIDA, así que coa de hoxe, xa temos 3.


* Pero onte quedaban aínda 3 eirugas, e hoxe so había 1... non daban as contas... onde se meteran?


Pois despois de especular, de intentar buscarlle explicación a ese MISTERIO TAN MISTERIOSO, e pensar que escaparan, fixámonos que efectivamante, marcharan de paseo e estaban colocadas e enganchadas co fío de seda, preparadas para facer a crisálida: unha no alto de todo da marco da porta e a outra no mantel... menudas aventureiras saíron as nosas eirugas que se lles deu por saír de exploración! 





Despois de revelar o misterio, rexistramos a información da observación no noso DIARIO.



Que pasará mañán?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.