domingo, 11 de outubro de 2015

3 METROS...

Algo  que nos chamou moito a atención dos XIRASOLES foi que podian medir dende 1 a 3 METROS de altura... Como exemplo explicamos que algún non collería dentro da nosa aula, pero querímos saber a altura exacta así que decidimos medir canto serían 3 metros.

Collemos un METRO DE CARPINTEIRO, que ten a medida exacta dun metro, e cunha corda queríamos medir eses 3 metros... Como facelo? Démoslle moitas voltas, intentamos buscar opcións... Ata que nos decatamos que se tiñamos 1 metro, tan só tiñamos que coller a medida 3 veces.



Así puidemos comprobar que os XIRASOLES máis grandes son ALTÍSIMOS!








Na miña aldea houbo anos na que tivemos xirasoles de máis de dous metros e cun tamaño de flor enorme (o diámetro pode ir dende os 5 aos 30 centímetros). Aquí vos deixo a proba visual...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.