xoves, 1 de outubro de 2015

AS NOSAS EIRUGAS

Hoxe chegaron á nosa aula uns bechos moi particulares e sorprendentes... unhas EIRUGAS.



Chegaron para que as coidemos e as observemos cada día para ver como van medrando ... Que acontecerá? canto tempo teremos que agardar?... Todas as nosas dúbidas irémolas despexando co paso dos días. 



* Son eirugas de PAPILIO MACHAON. Teñen unha cor moi vistosa verde-amarela, con raias negras e puntiños laranxas.


Ademais de observalas, os pequechos animáronse a tocalas, con moito coidado. Puideron notar como se movían, a gran velocidade á que comen, que teñen as patiñas pegañentas...



* Alímentanse do FIUNCHO, unha pranta aromática que hoxe puidemos ver, tocar e ulir.


DATO CURIOSO: agora que estamos no outono, tempo de castañas, o fiuncho emprégase para cocer as castañas e darlle ese saber tan característico.

* Por favor NON lles ensinedes imaxes da bolboreta, para que sexa unha sorpresa para os pequechos e desfruten do proceso de matamorfose ao máximo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.