MARIO buscou nunha pranta de FIUNCHO preto da súa casa e tivo a sorte de atopar un EIRUGA de PAPILIO MACHAON, meteuna nun bote especial para insectos e troúxoa á clase. Puidemos vela moi ben xa que a tapa do bote tiña unha lupa que "agrandaba" a eiruga e deixaba ver perfectamente a súa cor verde, os aneis negros e as manchiñas laranxas.
De paso aproveitamos para facer a nosa OBSERVACIÓN e REXISTRO DIARIO das nosas eirugas. Recordamos que temos xa 5 CRISÁLIDAS, e quedaba 1 EIRUGA, que hoxe parecía que xa estaba buscando a posición para formar a crisálida.
Con moito coidado quitámola para observala de preto: ver como estaba encollida e amarrada á pranta de fiuncho. Apreciábnse perfectamente a diferencia entre as PATAS TORÁCICAS (son 6 - 3 pares) e as FALSAS PATAS (ao largo do abdome).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.