O último día desta semana especial de SAMAÍN (pois mañán é festivo por tratarse do día do ensino) as CABAZAS seguiron sendo as grandes protagonistas...
XULIA trouxo unhas MAGDALENAS DE CABAZA E CACAO que preparou coa súa nai para compartir cos seus compañeiros. Mandáronnos a receita e Xulia explicounos os ingredientes que usaran e como as fixeran.
Na hora do recreo probámolas e estaban deliciosas, de chuparse os dedos... non deixamos nin unha!
Despois fomos realizando a RECEITA paso a paso:
* PESAR os 300 gr de CABAZA (eu xa a trouxen pelada e troceada, xa que é bastante dura e o coitelo é algo perigoso)
* Facer ao VAPOR á cabaza, aproximadamente 5 minutos no microondas (pode ferverse nunha pota, so que ao non ter cociña no cole, a opción do microondas é moi cómoda)
* BATER os ovos é o azúcre.
* REMEXER a fariña xunto coa levadura e a canela para que queden integrados. Logo incorporar esta mestura á que tiñamos reservada e BATER todo ben.
* Como o forno que temos no cole é algo pequeno e non apura tanto coma os da casa, decidín levar un par de biscoitos de cabaza, que fixen onte na casa, para compartir cos compañeiros de 4 anos B.
* Despois de probar as magdalenas e o biscoito, os pequenos tomaron a súa merenda, e MARIÑA ensinounos unhas galletas que fixo coa súa nai con forma de morcego e de pantasma... típico do Samaín. Que chulas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.