Hai días nos que as marabillosas coincidencias fan que todo saia xenial...
Hoxe prepara todo para preparar cos nenos PAN DE MILLO, e cal é a miña sorpresa cando XULIA aparece pola porta cun paquete de FARIÑA DE MILLO e un BOLO DE MILLO que preparara onte cos seus pais.
E xusto depois chega IAGO cunha bolsa de MILLO PICADO (millo estalado).
E unhas FOTOS moi especiais que quitou na casa do seu avó Ricardo, que plasman perfectamente a segunda estrofa da canción de "Pan de Millo":
HAI QUE GARDAR (no horreo)
HAI QUE DEBULLAR (sae unha máquina "debulladora")
LOGO MOER (nun muíño eléctrico)
E PENEIRAR (vese unha peneira co grans de millo de fondo)
Aproveitamos para poñer o millo picado saído do muiño na PENEIRA para un por un poñernos a PENEIRAR, e fixarnos como ía caendo a fariña, e os grans que non se moeran ben quedaban na peneira.
Ao rematar de peneirar observamos e tocamos a diferencia de textura entre o millo picado e a fariña.
* Tamén comparamos a fariña que conseguimos despois de peneirar coa que trouxo Xulia, que pasara por un proceso de refinado e por iso era todavía máis finiña.
E despois chegou o momento de
FACER PAN DE MILLO:
Todos "meteron as mans na masa" para amasar ben o noso pan de millo e así sentir como é. (Aquí vai unha pequena recopilación)
Como o FORNO que temos no cole non é coma o da casa, é máis pequeniño e con poca potencia, non dou tempo a ter o pan preparado para a merenda...
Pero puidemos degustar o BOLO DE MILLO de Xulia.
MMMMM... estaba delicioso!
Non deixamos nin unha migalla...
MOITÍSIMAS GRAZAS IAGO E XULIA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.