mércores, 14 de outubro de 2015

QUE NÚMERO CALZAMOS?

Durante este comezo de curso estamos a coñecer diferentes cousas sobre nos mesmos co pequeno proxecto "ASÍ SON EU". Medímonos. pesámonos, traballamos as partes da cara, os dedos da man... e hoxe averiguamos o número que calzamos.

Descalzamos un pé e fixemos a silueta do noso calzado nun folio. Buscamos onde estaba escrito o NÚMERO: na sola, na plantilla, na lingüeta... e anotámola dentro da nosa PEGADA.






Cando xa sabíamos o número que calzaba cada un, organizámonos e agrupámonos segundo os números, para ver cales eran os que calzaban máis nenos.




Tamén buscamos os que teñen o pé máis pequeno e os que o tiñan máis grande en función do número.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.