Seguen chegando productos do OUTONO á nosa aula:
RAÚL (onte) e AROA (hoxe) trouxeron unhas FOLLAS. Puidemos comparalas entre elas e coas que xa tiñamos na aula: forma, tamaño, cor, textura...
PEDRO trouxo unhas polas de CARBALLO con varias LANDRAS.
Tamén trouxo unha MAZAROCA DE MILLO:
- Primeiro observámola por fora e describímola.
- Logo esfollámola para ver como era por dentro.
- "Debullamos" os grans de millo.
- Ollamos o carozo.
- Falamos de que ANIMAIS comen: galiñas, porcos, xabaríns...
- Pensamos que podemos facer as PERSOAS co millo: millo doce para as ensaladas, mazarocas asadas, flocos de millo, fariña de millo para o pan...
Despois puxémonos a DEBUXAR a mazaroca de millo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.