Para apreciar mellor os detalles e ver todo aumentado, unha LUPA é o instrumento idóneo. Por iso hoxe empregamos unha para examinar máis de preto, todavía, un XIRASOL de talo moi longo que tiña algo diferente con respecto aos outros tres que xa observáramos con anterioridade... o xirasol de hoxe tiña raíces.
As RAÍCES son a parte da pranta que están enterradas. Serven para soster á pranta e por elas "aliméntase" dos nutrientes e da auga que contén a terra, para así medrar.
O xirasol aínda que é unha flor, non o é. Pois está formada por moitas flores pequeniñas, chamadas INFLORESCENCIAS, debaixo destas atópanse as PIPAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.