martes, 31 de maio de 2016

GALICIA SOMOS NÓS!

Durante todo o mes de maio, quixemos traballar ó redor da figura de MANUEL MARÍA e da súa poesía, por ser o homenaxeado polas LETRAS GALEGAS.

Ademais de todo o que xa puidéchedes ver en publicacións anteriores, unha das poesías coas que traballamos foi unha moi especial, coa que Manuel María describe a nosa terra... GALICIA!

XULIA trouxo un libro coa "Antoloxía poética de Manuel María", e nós tamén traballamos co libro "Manuel María, vida, versos e rebeldía"; en ambos aparece este fermoso poema: "GALICIA", que nós quixemos "representar" deste xeito: 


Pensamos que non hai mellor maneira de despedir este mes de maio cargado de literatura e poesía galega.


luns, 30 de maio de 2016

DÁNDOLLE COR...

Despois de deixar secar durante toda máis dunha semana as CUNCAS DE BARRO que fixéramos na Casa do Patrón (pois ó non cocelas, precisan bastantes días de secado e ademais durante a semana pasada os que non puideron vir á excursión fixeron as súas cuncas na clase), hoxe tocou pintalas.


A verdade e que foi inevitable non mancharnos "un pouquiño", pero o resultado foi moi bo e a experiencia xenial!

Hoxe quedaron secando, pero mañán xa as levarán para a casa, xunto cos colgantes.


REMATAMOS COA LETRA O

Durante a semana pasada comezamos a traballar coa Letra O, e de maneira colectiva epezamos o mural desta letra coas imaxes que trouxeron @s pequech@s da casa.

Hoxe rematamos o MURAL:



Repasamos as palabras que foron saíndo ó longo destos días, e intentamos pensar nalgunha nova...

Cada alumn@ realizou individualmente unha actividade na que pegaron as imaxes sobrantes, e intentaron escribilas.




MOCHILA VIAXEIRA: GUILLE

Hoxe a MOCHILA VIAXEIRA chegou da casa de GUILLE; quen desfrutou moitísimo dela, despois da longa espera que tivo que agardar ata que lle tocou o seu turno.

No DIARIO, foi describindo con quen leu cada libro acompañándoo cunha foto e tamén describiu que sensacións espertaron nel.

O seu libro favorito foi "SACAPENAS", igual que para a gran maioría dos seus compañeiros.



Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA emprende o seu último viaxe... marcha para a casa de ISMAEL.









domingo, 29 de maio de 2016

O NOSO HORTO EN MINIATURA

Para ter claro que plantamos en cada zona do noso horto e saber situar así cada planta que vai nacendo, decidimos facer unha pequena representación en miniatura, conxuntamente as dúas clases de 4 anos, A e B, xa que tod@s estamos participando no coidado do HORTO.

Nun papel continuo, representamos as 3 zonas de cultivo, que, polo de agora, ten o noso horto, e debuxamos o que plantamos.; tamén aparecen diferenciados, os camiños do horto, que é por onde temos que desprazarnos para non pisar nada do que plantamos.

Os coches de xoguete, representan os coches reais que están aparcados xunto na rúa enfronte á nosa aula, e hai varios bonecos que son os nen@s cando saen a traballar no horto.

Decidimos poñer algunha das sementes que plantamos, para asociala coa planta que está medrando fora.



32000 VISITAS!

O traballo diario que está detrás deste blog, vese totalmente recompensado ó falar con vós, familias, e escoitar os vosos halagos e agradecementos. Pero ademais, é moi gratificante ver como o contador do número de visitas sube cada día. 


E que non deixe de subir... MOITÍSIMAS GRAZAS!


sábado, 28 de maio de 2016

CONTACONTOS

Dende Abril collémoslle o gusto a esto dos "CONTACONTOS", e dende que comezamos cos contacontos familiares de conta-conmigo foi un non parar, e agora no mes de Maio, tivemos a sorte de poder gozar con varios contacontontos "profesionais", que viñeron ata o noso cole para deleitarnos coas súas historias. 

Onte veu MARÍA JOSÉ GULÍN, que nos contou o conto de "O ZAPATEIRO NO BOSQUE"; unha historia na que Xermán, un neno que ó ir a facer un recado para o seu avó, que é zapateiro, entra no bosque, e atópase nun coeelo que lle pide que en segredo lles faca zapatos para todos os animais do bosque, que queren celebrar unha gran festa. 



Ó rematar de escoitar a historia, volvemos á nosa aula, e collemos o libro para repasar máis detidamente o conto e observar as imaxes de preto.



Cada pequech@ debuxou o que máis significativo lle resultou. Este foi o resultado:





xoves, 26 de maio de 2016

BENVIDA SARA!


Despois de pasar varios días ingresada no hospital, hoxe SARA volveu ó cole, e nós tiñamos tantas ganas de vela, que onte preparámoslle unha PANCARTA DE BENVIDA.



Recibímola cunha gran aperta en grupo, e démoslle un "libriño" que fixemos cuns debuxos que a semana pasada deixamos preparados para enviarllos ó hospital, pero como non foi posible, démosllos hoxe en persoa.






Despois contounos como foi a súa estancia no hospital e que probas lle fixeron, mentres tod@s os seus compañeir@s escoitábana atentamente.

BENVIDA SARA
QUERÉMOSTE!

mércores, 25 de maio de 2016

OS CAMIÑOS DO HORTO

Hoxe caeron varios chaparróns ó longo da mañán que fixeron que os camiños do noso horto se anegasen, e se puidesen ver perfectamente.


Cando escampou saimos para poder observalos de preto. Que ben se ven!



Esperemos que mellore o tempo para poder seguir plantando e coidando o noso horto.

LECTOESCRITURA: letra O

Coas imaxes que algúns dos pequech@s trouxeron da casa comezamos a facer o MURAL DA LETRA O.

Coma facemos sempre, cada nen@ foi ensinando as todas as imaxes que trouxo para que os seus compañeir@s as fosen dicindo, con moito tino, xa que hai algunhas que poden ser enganosas e confundirnos... a única norma é pensar que teñen que comezar pola letra O, antes de dicir o primeiro que nos veña á cabeza.


Algunhas das palabras que sairon son: OLLO, ORELLA, OLFATO,  OVELLA, ORDENADOR, OLLOMOL, OSO, ORO, OCA, ORINAL, OLAF, OGRO, OLIVO...

Cada pequech@ elixe unha, sen que se repita, para pegar no mural, e as demais quedan para realizar unha actividade impresa na que cada un intenta escribir só.



A medida que os demais traian as súas imaxes, completaremos o mural. 

martes, 24 de maio de 2016

CONTACONTOS PARA A IGUALDADE

Hoxe foi un gran día, pois tivemos unha visita moi especial... veu ARTURO, un CONTACONTOS con escenario incluido que nos agardaba no edificio de primaria para contarnos varios contos cos que traballar a IGUALDADE de xénero cos pequech@s, dun xeito, dinámico, motivador e divertido.


Os tres contos que nos contou, eran das mesmas autoras ADELA TURÍN e NELLA BOSNIA

* Adela Turín foi pioneira na investigación da literatura infantil e xubenil dende unha perspectiva de xénero, para así erradicar as actitudes sexistas e discriminatorias.

O primeiro conto foi o de ROSA CARAMELO, a historia dunha manada na que os elefanEs, de cor gris son libres, báñanse no río, comen herba e retozan na lama. Pero as elefantAs teñen que permanecer dentro dun cercado, vestir zapatos, colares e lazos rosas e comer peonias e anémonas para que a súa pel torne de cor rosa caramelo e os seus ollos sexan moi bonitos e brillantes. Todas, agás Margarida, que a pesar de comer flores e permanecer no cercado non consegue ser de cor rosa, motivo polo cal se enfadan seus pais; pero despois de deixar pasar o tempo e ver que Margarida seguía sendo gris, os seus pais decidiron deixala saír do cercado deixando atrás os zapatos, o colar e o lazo rosa. Margarida bañarase no río, comerá herba, enzoufarase na lama e decidirá que iso si que é vida e non a de antes. Despois de ver a Margarida, as demais elefantas farán o mesmo ca ela e vivirán en liberdade. Dende entón non se distingue entre elefantAs e elefantEs, xa que todos son de cor gris.



O segundo conto foi A HISTORIA DOS BONOBOS CON GAFAS, que nos fala sobre os bonobOs, uns monos, que vivían nun bosque de manglares mascando sementes e brotes que as bonobAs recollían para todos. Un día deciden que os 4 bonobos máis guapos teñen que marchar a instruirse e aprender idiomas. O seu regreso ensínanlle todo o aprendido ós bonobos, e coma as bonobas quedan fora deste xogo de aprendizaxe, abandoan o lugar e instálanse noutro bosque para poder facer o que desexan. 


O terceiro e último conto foi o de ARTUR E CLEMENTINA, dúas tartarugas que dende que se coñeceron decatáronse de que estaban namoradas. Pescaban xuntos para a cea, pero un día Artur decidíu pescar so para que Clementina descansase. Cando Artur volve, ela díxolle que se aburrira ó que el lle contestou que fixese algo para non aburrirse, que aburrirse era de tontos. Clementina díxolle que quería tocar a frauta, pero Artur contestoulle que non sabía distinguir as notas, e regaloulle un tocadiscos, que lle colocou enriba da cuncha. Pero o tocadiscos aburría a Clementina e un atardecer díxolle que quería pintar, pero de novo Artur burlouse e regaloulle un cadro.  Por cada cousa que Clementina desexaba, Artur mercáballe un obxecto que engadía á súa cuncha. Cada día a carga de Clementina era máis pesada, e deuse conta de que non podía seguir así polo que saíu da súa cuncha a dar un paseo mentres Artur non chegaba... cada día o paseo era un pouquiño máis longo e ela sentíase máis feliz, ata que un día Clementina non volveu; Artur atopou a casa baleira e enfadouse moitísimo.






Tres contos que arrincaron as risas e os aplausos dos pequech@s. 




Cando rematou o contacontos, fixemos un pequeno "coloquio" no que comentamos a historia que máis lle gustara a cada un, e despois fixeron un debuxo.






* É moi importante traballar a IGUALDADE DE XÉNERO, cos pequech@s, e ter coidado cos "estereotipos" que a sociedade pode transmitirlles. 




luns, 23 de maio de 2016

AS FABAS PARA O HORTO!





Canto medraron as nosas FABAS!




Estaban tan grandes, que hoxe decidimos "trasplantalas" para o HORTO, para que teñan espazo suficiente para que poidan seguir medrando.

Por parellas foron saíndo ó horto:

* Un facía o buratiño.
* O outro colocaba a plantiña no burato e tapábaa con terra.





Da gusto ver como día a día as plantas do noso horto van medrando.








MOCHILA VIAXEIRA: MATEO

Hoxe MATEO trouxo entusiasmado a MOCHILA VIAXEIRA de regreso ó cole para contarlles a tod@s os seus compañeir@s cales foran os libros que máis lle gustaran.

No DIARIO, puidemos ler que o primeiro libro que caeu nas mans de Mateo foi o de "Sacapenas", que lle gustou tanto que lle pediu ó seu pai que lle fixera uns bonecos sacapenas para el. 



Ademais Mateo trouxo dous contos que tiña na casa: "O libro dos porcos" e "En el bosque" de Anthony Browne, o autor de "Sacapenas"". Ó longo desta semana leerémolos.


Pero o libro que máis lle gustou foi o de "Marcopola", ata fixo un debuxo del, e con axuda do seu pai outro do barco "Noite Estrelada".

Tamén gozou do contido do libro "O río e a lagoa"; e aproveitou para facer unha pequena "expedición" pola praia para recoller cunchas, que trouxo á nosa aula para que os seus compañeir@s puideran velas e tocalas.

Espero que desfrutaras ó maximo Mateo!





Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA marcha para a casa de GUILLERMO.





domingo, 22 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Ainda que cun pouco de retraso, aquí vos deixo as diferentes actividades que realizamos en torno ás LETRAS GALEGAS e á figura de MANUEL MARÍA.



Dende que comezou o mes de maio, estivemos traballando sobre este escritor galego que naceu en Outeiro de Rei, Lugo, o 6 de outubro de 1929 e morreu na Coruña o 8 de setembro de 2004.  Ten unha gran obra literaria tanto narrativa coma poética, entre as que destaca "Os soños na gaiola". Concretamente nós centrámonos en diversos poemas que Manuel María que Uxía e Magín Blanco recolleron, musicaron e déronlle voz no libro "CANTA O CUCO".

O poema que lle dá título a este libro é "CUCO", un paxaro moi peculiar xa que é tan preguiceiro , que por non pasar o traballo de facer o seu propio niño, pon os ovos nos niños das outras aves.

O cuco é un dos paxaros que representan a estación na que nos atopamos, a primavera, xa que co seu peclar canto "cucu, cucu..." anuncia a chegada do bo tempo. 

Ao analizar a portada do libro, decatámonos que de que aparece algo moi particular... UN RELOXO DE CUCO! Que ten ese nome, porque cada hora sae un paxariño que co son do cuco, "canta" a hora que é.

Buscamos imaxes desta ave para observala detidamente e analizar as súas características: pico pequeno de cor alaranxado, plumas grisas na cabeza, na "barriga" parece que ten un "paso de cebra" con raias de plumas brancas e grises... 


Despois traballamos o poema e debuxaron esta ave.



Tamén realizamos un TALLER DE CRACHAS, no que cada pequech@ realizou a súa craca coa caricatura de Manuel María.



Primeiro explicámosllles que materiais precisávamos, os pasos a seguir e o funcionamento da máquina; e cada un, só, fixo a súa cracha.







O día das LETRAS GALEGAS, tamén é un día para reivindicar o uso da nosa lingua, así que dende a nosa clase realizamos un mural con esta tématica, que cun xogo de palabras pretende que FALEMOS GALEGO!

SACA A TÚA LINGUA DE PASEO



Aproveitamos o mural para realizar unha pequena curtametraxe:


Ademais de todo isto, ainda seguimos traballando coa figura de Manuel María, así que a vindeira semana mostrarámosvos máis cousiñas...