"AÍ VEN O MAIO
DE FLORES CUBERTO..."
Na nosa terra, a FESTA DOS MAIOS, tamén coñecida simplemete como os Maios, adóitase celebrar o 1 de maio. Ten orixe nas civilizacións prerromanas, como a celta.
Vicente Risco definiu perfectamente a esencia desta festa na nosa terra: " a festa dos maios é a festa da primavera, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Significa o reverdecer das plantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do horizonte e coller altura e forza".
A festa consiste en realizar diversas representacións ó redor dunha árbore ou escultura chamada maio. A xente canta coplas mentres camiña ó redor del acompañados da percusión duns paus.
O maio constrúese sobre un armazón de paus con forma cónica ou piramidal, recuberta de tea metálica ou arpillera, que se cubre de mofo, fiúncho ou herba. (Normalmente o armazón constrúese sobre unha plataforma que permite transportar o maio polas rúas).
O maio decórase con flores, follas, fiúncho, fieitas, froitos, ovos... O cumio pode coroarse de diversas maneiras.
No cole quixemos "vivir" esta festa e facer o noso propio MAIO. Para iso todos os pequech@s de educación infantil recopilaron plantas silvestres e flores de diversos tipos.
Onte, luns, comezaron a facer o maio os peques de 5 anos. E mentres nós aproveitamos para empaparnos da tradición:
* Aprendemos cousiñas sobre esta festa.
* Observamos e nomeamos algunhas das plantas e flores que trouxeron.
* Buscamos imaxes na rede, visionamos algún video e escoitamos cantigas sobre os maios.
* Falamos sobre os colares que adornan os maios: de laranxas, de ovos, de flores...
- Mateo trouxo ovos baleiros e explicounos como os preparou co seu pai. Despois con moito tino fixemos un colar con eles para vestir o noso maio.
- Fixemos colares con pampillos e rabos de cartuchos. Primeiro preparamos e cortamos as flores, logo con axuda de agulla e fío fixemos os colares.
Despois de todo o que practicamos onte, hoxe, martes, tocounos a nós, os alumn@s de 4 anos, saír ao patio cuberto para "adornar" o noso maio.
Fixemos 4 equipos, xa que no patio había 4 zonas ben diferenciadas con diferentes talleres, polos que fomos rotando.
Pasámolo en grande!
Para rematar, fixemos un corro ó redor do maio e xiramos cantando unha copla que aprendemos expresamente para isto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.