Dende que comezou o mes de MAIO, sinalamos este día no nosos CALENDARIO e comezamos a conta atrás... ata que por fin chegou!
Estes días contamos o conto "OS BOLECHAS QUEREN SABER COMO VIVÍA A XENTE DA ALDEA" pois para sabelo, foron Á CASA DO PATRÓN, igual ca nós.
Chegaron ao cole nerviosos e con moitas ganas de arrancar...
O primeiro que fixemos fou un taller de barro, no que paso a paso eleboramos unha cunca (como este barro tarda moito en secar, levámolo para o cole e para a semana pintarémolo).
Ensináronnos os grans de millo, de trigo e de cebada.
Con algo de masa nai, fariña, auga tibia, sal e levadura, fixemos a masa, e despois cada pequech@ amasou o seu boliño.
(Lembramos cando realizamos o proxecto sobre o millo no primeiro trimestre).
A casa do patrón é un museo no que podemos observar como vivían os nosos antepasados. Despois de realizar os talleres, os nosos monitores comezaron a ensinarnos as diferentes estancias do museo e o que incluían.
Un descansiño para estirar as pernas e gozar deste fermoso entorno natural.
A comer!
Antes de marchar seguimos observando e aprendendo cousas interesantes sobre a vida dos nosos bisavós.
Vimos como eran as casas de antes: cociña, lavabo, camas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.