Menuda sorpresa cando hoxe pola mañá, despois destes 4 días de ponte, nos atopamos con que as nosas plantiñas de MILLO medraron moito e con que sairon un montón de FABAS.
Observamos os sementeiros e realizamos varias comparacións, para saber en cales había máis plantiñas.
Chamounos moito a atención ver como na plantiña da faba se podia observar perfectamente a faba que se abrira e da carl comezou a xerminar: talo, follas...
Se a choiva nos da un respiro, esta semana aproveitaremos para trasplantalas no noso HORTO; que hoxe tamén observamos e puidemos comprobar como as plantiñas de xirasol e cabaza van medrando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.