Aproveitando que estamos facendo o noso MAIO, esta semana estamos observando e coñecendo diversas plantas e flores.
Hoxe MARIÑA, trouxo unhas CAMELIAS, unha flor típica da nosa terra. Así que fixámonos en como son as flores e na peculiaridade da dureza e cor das súas follas.
Como os de tres anos estaban decorando o maio, levámoslle as camelias para que as empregasen na decoración.
Moitas grazas Mariña!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.