martes, 10 de maio de 2016

MOCHILA VIAXEIRA: IAGO

Hoxe a MOCHILA VIAXEIRA chegou da casa de IAGO repleta de vivenzas. A familia ó completo gozou ó máximo do contido da mochila, sobretodo dun dos libros:

"A nena e o  grilo nun barquiño" que o escoitaron toda a semana na casa de Iago. A canción que máis lles gustou foi a de "Todos somos capitáns", e todos, ata Lucas, o irmán pequeno de Iago, a aprenderon.




O que máis lle gustou do libro "O río e a lagoa", foron as páxinas adicadas ás tartarugas, xa que o seu tio ten unha tartaruga acuática e o seu avó unha terrestre, que vive na horta e chámase Arturo.





Pero o libro que máis lle gustou a Iago foi o de "SACAPENAS", por iso a súa nai, de sorprese fíxolle 3 sacapenas, que ademais lle escondeu nun cofre, que Iago tivo que atopar e abrir cunhas chaves que apareceron na súa almofada.


A idea do cofre sacárona da búsqueda do tesouro que fixo Xulia cando levou a mochila viaxeira, e que a Iago tanto lle gustara, e rememorou cando se puxo a observar o DIARIO


Da gusto ver como toda a familia se involucra ó máximo coa mochila viaxeira; xenial!




Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA marcha para a casa de MATEO.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.