domingo, 8 de maio de 2016

ADEUS...

Despois de pouco máis dun mes realizando o proxecto sobre ós nosos CULLARAPOS, puidemos observar en vivo e en directo o proceso de metamorfose, no que os cullarapos se transformaban en RAS.



Aproveitamos para recordar todas as fases do proceso da metamorfose


Nos últimos días, puidemos ver perfectamente a última parte da metamorfose, na que ós cullarapos que xa tiñan as catro patas lles ía "desaparecendo" a cola. 


Non todos os cullarapos remataron a metamorfose, pero si varios, e por iso chegou o momento de reamtar o proxecto e "liberarar" a todos os cullarapos e as ras, pois aos animais gústalle vivir soltos na natureza, dentro do seu hábitat, por iso Anxo Castro con axuda da súa familia, o último día de clase desta semana levou todos os cullarapos e as ras para soltalos no mesmo lugar no que os colleu.

ADEUS!

Nos últimos días revisamos os libros que trouxeron os pequech@s e nos serviron para aprender datos curiosos sobre o proxecto dos cullarapos.


Tamén recordamos os contos que nos acompañaron durante este proceso. Un dos últimos foi un que trouxo XULIA "O sapo e a sapiña e a súa branca tripiña". Con el recordamos unha das ideas iniciais coa que comezamos o proxecto, no que os pequech@s pensaban que as ras eran femias e o sapos machos. Desmentimos esa crenza e explicamos que se trata de animais diferentes, aínda que moi similares, e que tanto ras coma sapos, poden ser femias ou machos.

Moitas grazas a tod@s polo material que trouxéchedes!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.