Hoxe foi un gran día, pois tivemos unha visita moi especial... veu ARTURO, un CONTACONTOS con escenario incluido que nos agardaba no edificio de primaria para contarnos varios contos cos que traballar a IGUALDADE de xénero cos pequech@s, dun xeito, dinámico, motivador e divertido.
Os tres contos que nos contou, eran das mesmas autoras ADELA TURÍN e NELLA BOSNIA.
* Adela Turín foi pioneira na investigación da literatura infantil e xubenil dende unha perspectiva de xénero, para así erradicar as actitudes sexistas e discriminatorias.

O primeiro conto foi o de ROSA CARAMELO, a historia dunha manada na que os elefanEs, de cor gris son libres, báñanse no río, comen herba e retozan na lama. Pero as elefantAs teñen que permanecer dentro dun cercado, vestir zapatos, colares e lazos rosas e comer peonias e anémonas para que a súa pel torne de cor rosa caramelo e os seus ollos sexan moi bonitos e brillantes. Todas, agás Margarida, que a pesar de comer flores e permanecer no cercado non consegue ser de cor rosa, motivo polo cal se enfadan seus pais; pero despois de deixar pasar o tempo e ver que Margarida seguía sendo gris, os seus pais decidiron deixala saír do cercado deixando atrás os zapatos, o colar e o lazo rosa. Margarida bañarase no río, comerá herba, enzoufarase na lama e decidirá que iso si que é vida e non a de antes. Despois de ver a Margarida, as demais elefantas farán o mesmo ca ela e vivirán en liberdade. Dende entón non se distingue entre elefantAs e elefantEs, xa que todos son de cor gris.
O segundo conto foi A HISTORIA DOS BONOBOS CON GAFAS, que nos fala sobre os bonobOs, uns monos, que vivían nun bosque de manglares mascando sementes e brotes que as bonobAs recollían para todos. Un día deciden que os 4 bonobos máis guapos teñen que marchar a instruirse e aprender idiomas. O seu regreso ensínanlle todo o aprendido ós bonobos, e coma as bonobas quedan fora deste xogo de aprendizaxe, abandoan o lugar e instálanse noutro bosque para poder facer o que desexan.
O terceiro e último conto foi o de ARTUR E CLEMENTINA, dúas tartarugas que dende que se coñeceron decatáronse de que estaban namoradas. Pescaban xuntos para a cea, pero un día Artur decidíu pescar so para que Clementina descansase. Cando Artur volve, ela díxolle que se aburrira ó que el lle contestou que fixese algo para non aburrirse, que aburrirse era de tontos. Clementina díxolle que quería tocar a frauta, pero Artur contestoulle que non sabía distinguir as notas, e regaloulle un tocadiscos, que lle colocou enriba da cuncha. Pero o tocadiscos aburría a Clementina e un atardecer díxolle que quería pintar, pero de novo Artur burlouse e regaloulle un cadro. Por cada cousa que Clementina desexaba, Artur mercáballe un obxecto que engadía á súa cuncha. Cada día a carga de Clementina era máis pesada, e deuse conta de que non podía seguir así polo que saíu da súa cuncha a dar un paseo mentres Artur non chegaba... cada día o paseo era un pouquiño máis longo e ela sentíase máis feliz, ata que un día Clementina non volveu; Artur atopou a casa baleira e enfadouse moitísimo.
Tres contos que arrincaron as risas e os aplausos dos pequech@s.
Cando rematou o contacontos, fixemos un pequeno "coloquio" no que comentamos a historia que máis lle gustara a cada un, e despois fixeron un debuxo.
* É moi importante traballar a IGUALDADE DE XÉNERO, cos pequech@s, e ter coidado cos "estereotipos" que a sociedade pode transmitirlles.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.