Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa aula...
MARI CARMEN, a avoa de Elsa, veu a ensinarnos unha canción en FRANCÉS. Pero antes de nada, tiña ganas de coñecer a todos os pequech@s, así que conseguiu que todos lle dixesen como se chamaban en francés "JE M'APELLE..."
Así que despois de romper o xeo con esta lingua, escoitamos a canción que posteriormente íamos aprender "SAVEZ-VOUS PLANTER LES CHOUX", na que un granxeiro un pouco "tolo" planta repolos empregando diferentes partes do seu corpo: os pes, os xeonllos, os cóbados, as mans, as orellas e o nariz.
Mari Carmen, con axuda de Elsa, foron xesticulando cada parte da canción para que os pequech@s as seguisen.
Pasaron un momento moi divertido ao tempo que aprenderon algo de vocabulario en francés.
Moitísimas grazas por vir Mari Carmen, foi un auténtico pracer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.