luns, 2 de maio de 2016

DE CULLARAPO... A RA!

O venres como observamos que o cullarapo de 4 patas mudara moito de forma e comezaba a encollérselle o rabo, decidimos preparar un recipiente máis grande, botarlle auga limpa e plantas fresca para que pasase a fin de semana, e de paso tapalo (facéndolle uns buratiños) para que non escapase.



* Aquí podedes ver 3 cullarapos en diferentes fases da metamorfose:





E... MENUDA SORPRESA ao levantar o plástico que tapaba o recipiente, pois o cullarapo cambiara completamente a súa forma e xa era unha RA pequerrechiña.



Que pasada! Pegaba chimpos, nadaba e subia as pedriñas para quedar alí pousada...


Esta foi a "guinda do pastel", o mellor peche a o proxecto de observación da metamorfose do cullarapo que comezamos hai pouco máis dun mes.

Hoxe recordamos e reflexionamos sobre todo o que observamos e aprendemos. Para iso apoiámonos no DIARIO DOS CULLARAPOS, que de xeito clectivo fomos realizando periódicamente.

* Os cullarapos no comezo da metamorfose viven na auga, respiran por bránquias e aliméntanse de plantas acuáticas.

* As ras xa viven na terra, ainda que tamén lles gusta estar algún tempo na auga; respiran por pulmóns e aliméntanse, entre outras cousas, de insectos.

De xeito que decidimos trasladar á nosa ra a un recipiente máis alto, con menos auga e moitas pedriñas para poder pousarse nelas. Tamén pasamos a outro cullarapo que tiña as 4 patas e o rabo máis curto, porque está a punto de converterse en ra.



Debuxamos a ra:

O mércores, darémoslle as ras e cullarapos a Anxo Castro (quen os trouxo ao cole) para que coa súa familia os devolva á charca na que os colleu. Pois ás ras gústalle vivir no sitio no que naceron. Ademais despois de observar o proceso, é preciso LIBERALOS para que poidan vivir en liberdade na natureza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.