domingo, 22 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Ainda que cun pouco de retraso, aquí vos deixo as diferentes actividades que realizamos en torno ás LETRAS GALEGAS e á figura de MANUEL MARÍA.



Dende que comezou o mes de maio, estivemos traballando sobre este escritor galego que naceu en Outeiro de Rei, Lugo, o 6 de outubro de 1929 e morreu na Coruña o 8 de setembro de 2004.  Ten unha gran obra literaria tanto narrativa coma poética, entre as que destaca "Os soños na gaiola". Concretamente nós centrámonos en diversos poemas que Manuel María que Uxía e Magín Blanco recolleron, musicaron e déronlle voz no libro "CANTA O CUCO".

O poema que lle dá título a este libro é "CUCO", un paxaro moi peculiar xa que é tan preguiceiro , que por non pasar o traballo de facer o seu propio niño, pon os ovos nos niños das outras aves.

O cuco é un dos paxaros que representan a estación na que nos atopamos, a primavera, xa que co seu peclar canto "cucu, cucu..." anuncia a chegada do bo tempo. 

Ao analizar a portada do libro, decatámonos que de que aparece algo moi particular... UN RELOXO DE CUCO! Que ten ese nome, porque cada hora sae un paxariño que co son do cuco, "canta" a hora que é.

Buscamos imaxes desta ave para observala detidamente e analizar as súas características: pico pequeno de cor alaranxado, plumas grisas na cabeza, na "barriga" parece que ten un "paso de cebra" con raias de plumas brancas e grises... 


Despois traballamos o poema e debuxaron esta ave.



Tamén realizamos un TALLER DE CRACHAS, no que cada pequech@ realizou a súa craca coa caricatura de Manuel María.



Primeiro explicámosllles que materiais precisávamos, os pasos a seguir e o funcionamento da máquina; e cada un, só, fixo a súa cracha.







O día das LETRAS GALEGAS, tamén é un día para reivindicar o uso da nosa lingua, así que dende a nosa clase realizamos un mural con esta tématica, que cun xogo de palabras pretende que FALEMOS GALEGO!

SACA A TÚA LINGUA DE PASEO



Aproveitamos o mural para realizar unha pequena curtametraxe:


Ademais de todo isto, ainda seguimos traballando coa figura de Manuel María, así que a vindeira semana mostrarámosvos máis cousiñas...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.