Aficionámonos a isto dos contacontos, e agora aproveitamos calquera ocasión que se nos presente.
Como a nosa coidadora TINA, naceu en Porto, Portugal (o noso país veciño) pedímoslle que nos contase un conto na súa lingua, o portugués.
O conto titulábase SELVAGEM e falaba dunha "meniña" que naceu e criuose en plena natureza, en sintonía cos animais e coas plantas. Un día atopárona unha parexa de humanos, e quixeron "educala", pero non foron capaces, pois ela era feliz vivindo en liberdade.
Foi un conto que nos enfeitizou polas súas fermosas imaxes, polo seu contido e sobretodo pola voz da narradora.
Moitísimas grazas Tina!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.