sábado, 21 de maio de 2016

PARÍS

MATEO aproveitou a ponte das Letras Galegas para ir de viaxe coa súa familia a PARÍS!

Trouxo uns cantos "souvenirs" para ensinarllos ós seus compañeiros.

O primeiro que fixemos, coma sempre que aparece un novo lugar, foi situalo no noso MAPA. En realidade, París é unha cidade, que xa nos soaba de algo, pois algunha que outra vez, ten saído o seu nome na aula: cando veu a avoa de Elsa a cantarnos unha canción en francés, cando vimos a peli da tartaruga "Manuelita" que se facía modelo en París...

Mateo, trouxo unhas postais con lugares emblemáticos da cidade (o arco do triunfo, o museo do louvre...) que despois nós buscamos en internet, par velas melor e máis grandes co noso proxector. Trouxo unha mini cámara de video no que tamén se podian observar diferentes lugares da cidade; e tamén trouxo un chaveiro da Torre Eiffel, o símbolo por excelencia da cidade de París.


Moitas grazas a Mateo e a súa familia por compartir esta experiencia con nós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.