Hoxe MARTÍN trouxo a MOCHILA VIAXEIRA despois de tela durante toda a semana na súa casa e de gozar coa lectura de todos os libros que esta alberga no seu interior.
Contóunos que o seu conto favorito foi "MARCO POLA". Ata fixo un parche super chulo para transformarse en capitán pirata. Tamén aprendeu moito sobre plantas e animais acuáticos co libro de "O río e a lagoa".
Martín ensinoulle a mochila viaxeira a Tomás, un amigo seu co que pasa xogando moitas tardes. Tamén fixo un fermoso debuxo da súa familia, coa que lle encantou compartir a mochila. Ben feito!
Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA marcha para a casa de IAGO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.