domingo, 1 de maio de 2016

CONTACONTOS: CATALÁN e INGLÉS"

"EN ABRIL... LIBROS MIL"

Despedimos o mes de abril coas últimas sesións de CONTACONTOS.

O pai de ÁNGELA, unha compañeira de 4 anos B, contounos un clásico da literatura infantil "BLANCANEU" (Brancaneves), na súa lingua natal, o catalán; que grazas a algunha similitude co castelán e co galego, e a expresividade que empregou ao contalo, mantivo aos nen@s expectantes ata o remate.


Ao rematar, Ángela, convidou a todos os compañeir@s a unhas chocolatinas. 



Teacher Patri, contounos unha historia en inglés, na que Paula percorría as rúas de Nova York; cidade na que "teacher" estivo vivindo os últimos meses e dende a que nos envióu unha postal.






Moitísimas grazas aos dous por vir a contarnos un conto!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.