Esta semana estivemos preparando o noso HORTO para poder plantar todas as plantiñas que están medrando nos nosos sementeiros.
Fomos a buscar uns cubos para retirar as malas herbas.
Arrincar, sacudir e tirar no cubo.
Todas as malas herbas tirámolas na composteira, para que se descompoñan e despois poder empregalas como abono para a terra.
Preparamos un anaquiño de terra. Despois de estar todo o outono e o inverno sen traballar a terra, hai que movela e deixar que "respire".
Sachamos e cavamos a terra coa axuda dos sachos e das pás.
Despois rastrillámola, e deixámola airear uns días.
Ao rematar, demos unha volta todos en fila para saber cales son os camiños do horto, pois cando esté cultivada, non poderemos ir por calquera lado, senón estragaríanse as plantiñas.
Listo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.