luns, 29 de febreiro de 2016

CASA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe CLAUDIA chegou ao cole cunha bolsiña moi especial! Por fóra había unhas letras que poñían... CASA - MUSEO ROSALÍA DE CASTRO!

Claudia tivo a sorte de ir á ver a Casa de Rosalía de Castro esta fin de semana coa súa nai, o seu pai e súa prima Sara. A semana pasada estivemos falando sobre esta poetisa tan importante para as Letras Galegas, e entre as cousas que aprendemos da súa biografía, falamos sobre a súa casa en PANDRÓN, que hoxe en día se converteu nun museo que calquera pode visitar. E a familia de Claudia animouse!

Claudia contounos como era a casa, que cousas había, que foi o que máis lle gustou... e troúxonos, dentro desa bolsiña, un documento con información da casa-museo, e un libriño que contiña algúns fragmentos da obra de Rosalía. 


Ao tempo que lemos o documento informativo da CASA-MUSEO de ROSALÍA DE CASTRO, buscamos no ordenador as imaxes para poder observalas mellor na pantalla de proxección. Mentres Claudia íanos comentando a súa visita.





O camiño da entrada, o blacón, os xardíns, a viña, as flores...






A habitación de Rosalía coa cama, o salón, a cociña...




Dentro do libriño localizamos unha poesía, e lemos un anaquiño da súa obra "EN LAS ORILLAS DEL SAR".

Moitísimas grazas a Claudia e a súa familia por compartir con todos os compañeir@s unha visita tan especial!

* Completar e complementar as aprendizaxes iniciadas no cole con experiencias coma estas dende a casa, sen dúbida, é algo incriblemente beneficioso para os pequech@s.


MOCHILA VIAXEIRA


Todos os luns a MOCHILA VIAXEIRA retorna á nosa aula despois de pasar toda a semana na casa dun dos pequech@s, pero este luns foi especial xa que hoxe foi 29 de FEBREIRO! Un día que so ten lugar cada 4 anos, cando cadra ANO BISIESTO.




Despois de realizar a nosa rutina do CALENDARIO e falar da peculiaridade desta data, pasamos a comentar como foi a experiencia de AROA coa mochila viaxeira.



O conto de "SACAPENAS" foi o único libro que lle gustou a Aroa, pois os demais non espertaron a súa curiosodade. Unha magoa!





A ver que nos conta MARIO a vindeira semana!










domingo, 28 de febreiro de 2016

25000 VISITAS!

Xa superamos as...



De novo téñovos que dar as grazas por confiar no meu blog e entrar diariamente para ver como é o día a día na AULA DE BERE!


venres, 26 de febreiro de 2016

HOMENAXE A ROSALÍA

Ainda que o DÍA DE ROSALÍA foi o 24 de FEBREIRO, nós adicámoslle toda a semana, e parte da anterior, a esta gran muller, tan importante para a nosa terra.

Na entrada do cole ROSALÍA lucía as súas mellores galas, dos "deseñadores" de 4 ANOS.







Quixemos renderlle a nosa particular homenaxe recitando o poema do seu libro CANTARES GALLEGOS, que relacionamos co noso proxecto sobre o Espazo, que comeza así... "FUN UN DOMINGO"



xoves, 25 de febreiro de 2016

SISTEMA SOLAR NUN PARAUGAS

Dende que comezamos o noso proxecto sobre O ESPAZO, moitos alumnos trouxeron material sobre este tema, entre este material hoxe destacamos o sistema solar: imaxes impresas, debuxos, en 3D, maquetas... pero nós dende a aula queríamos realizar o noso SISTEMA SOLAR.


Como xa sabedes, por publicacións antigas deste blog, realizamos o SOL do noso sistema empregando a técnica de papel maché sobre un globo, que ao secar pintamos e decoramos.




Para realizar os PLANETAS, empregamos bolas pórex (8 para os planetas e 1 para a lúa, o satélite da terra).



Os libros do recuncho do espazo facilitáronos información sobre a cor e o tamaño de cada planeta, para así selecionar a bola co tamaño correspondente e pintala da cor axeitada para así poder distinguilos con facilidade e ao mesmo tempo intentar que gardase a maior relación coa realidade. 






Cando tiñamos todos os elementos do noso SISTEMA SOLAR listos, so quedaba montalo, e para iso empregamos a estructura dun paraugas.

Este foi o resultado final!



mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Ao realizar as nosas rutinas de entrada, decátamonos que no día de hoxe, 24 de FEBREIRO había unha estrela, que é a que nos indica que ten lugar algún evento importante, neste caso o...




Como xa puidéchedes observar na publicación de onte, levamos varios días traballando a figura desta gran escritora da nosa terra, da súa vida, da súa obra, e algún poema en particular.

Ademais de traballar co poema de "Fun o domingo..." relacionándoo co noso proxecto do espazo, tamén traballamos o poema de "ALBORADA"; recitámolo e escoitamos varias versións musicais (tanto instrumentais coma cantadas) que diferentes artístas versionaron.





Analizamos a temática deste poema, no que Rosalía relata como se produce a ALBORADA, o amanecer, como remata a noite para comezar o día, e algo identificativo deste momento é o cantar dos paxariños.


Vaite, noite

vai fuxindo.
Vente aurora,
vente abrindo,
co teu rostro,
que, sorrindo,
¡a sombra espanta!

¡Canta,
paxariño, canta
de ponliña en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde,
polo verde monte,
alegrando as herbas,
alegrando as fontes.

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.



Elaboramos unha POSTAL na que cada pequeno debuxou unha imaxe relacionada cunha parte concreta deste poema:






¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.





Estes paxariños tiñan ganas "de saír voando" cara as casas dos pequech@s. Para iso escribimos a dirección e colocamos un selo en cada postal; ademais de colocar unha caricatura de Rosalía para honrala no seu día.



Pero como facíamos chegar as postais a cada fogar? Pois esperamos a que escampara e saimos do cole na busca dun BUZÓN DE CORREOS. 








Primeiro paramos no ESTANCO para mercar algún SELO que faltaba. E despois entramos en ÁREA CENTRAL onde atopamos rapidamente o BUZÓN.






Examinamos que tiña unha "ranura" para depositar as postais que caen dentro dun saco... pero como saca de ahí as cartas e postais o CARTEIRO para logo levalas a CORREOS... pois hai unha portiña traseira para retiralas.





Cada alumn@ depositou a súa POSTAL no BUZÓN.




Logo voltamos ao cole. Unha saída xenial para conmemorar dun xeito diferente o DÍA DE ROSALÍA.




martes, 23 de febreiro de 2016

"FUN UN DOMINGO..."

Nesta semana temos un día importante marcado no noso CALENDARIO. Mañán é 24 de Febreiro, unha data moi especial, sobretodo para os galegos, xa que é o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Por ese motivo levamos dende a semana pasada aprendendo cousas sobre esta gran poetísa.

Como ben sabedes, estamos realizando un traballo sobre o ESPAZO, e por iso quixemos buscar si había algúnha poesía de Rosalía sobre este tema. E o poema número 7 de "Cantares Gallegos" (un dos seus libros máis representativos) fai alusión a aspectos que podemos realcionar co noso proxecto.

O primeiro que fixemos foi ler o poema enteiro para intentar identificar sobre que trataba e que "elementos espaciais" aparecían.

* A parte do poema que se relaciona directamente co espazo é a parte na que Rosalía describe que chega a noite, que está a lúa e o no ceo as estrelas son as que guían o seu camiño.

Dividimos o poema en 4 partes ben diferenciadas e fixemos 4 EQUIPOS para que cada un se encargase de unha parte.

Ao ler o poema decatámonos que Rosalía describe un CAMIÑO que vai percorrendo, dende que sae pola tarde ata que ao día seguinte chega ao muíño.

Con cada equipo analizamos a parte de poema que lle tocaba representar: reflexionamos sobre que elementos destacan para así poder plasmalos nun debuxo. Dentro de cada equipo, de maneira consensuada, repartiron as tarefas e decidiron que debuxaría cada quen. Traballaron conxuntamente e colaboraron todos no resultado final.

Ademais de aprender a traballar en equipo, de repartir as tarefas en función das habilidades de cada un, tamén traballamos o feito de que para poder rematar todo o traballo, ademais do seu equipo, era preciso a continuidade dos demais equipos. De feito, o primeiro que fixo cada equipo, foi representar o camiño, continuando o camiño que fixera o equipo anterior, ata chegar ao final.

EQUIPO 1
EQUIPO 2
EQUIPO 3
EQUIPO 4

Fun un domingo,
fun pola tarde,
co SOL que baixa
tras dos pinares.
cas nubes brancas
sombra dos ánxeles
cas palomiñas
que as alas baten
con un batido
manso e suave,
atravesando
vagos celaxes,
mundos extraños
que en raios parten
ricos tesouros
de ouro e diamante.
Pasín os montes,
montes e valles;
pasín llanuras
e soledades:
pasín os regos,
pasín os mares
cos pés enxoitos
e sin cansarme.  
Colleume a noite, 
noite brillante, 
cunha LUNIÑA 
feita de xapes, 
e fun con ela 
camiño adiante 
cas ESTRELIÑAS 
para guiarme, 
que aquel camiño 
sólo elas saben.
Dempois a aurora 
co seu sembrante 
feito de rosas 
veu alumbrarme,
e vin entonces, 
antre o ramaxe 
de olmos e pinos, 
abocexarse
branca casiña 
con palomare 
donde as pombiñas 
entran e saien.
Nela se escoitan 
doces cantares, 
nela garulan 
mozos galantes 
cas rapaciñas 
de outros lugares.
Todo é contento, 
todo é folgare 
mentras a pedra 
bate que bate
mole que mole, 
dálle que dálle, 
con lindo gusto 
faille compases.
Non ha sitiño 
que máis me agrade 
que aquel muíño 
dos castañares, 
donde hai meniñas,
donde hai rapaces 
que ricamente 
saben loitare;
donde rechinan, 
hasta cansarse 
mozos e vellos, 
nenos e grandes, 
e, anque non queren 
que aló me baixe, 
sin que o soupera 
na casa naide,
FUN Ó MUÍÑO 
DO MEU COMPADRE;
FUN POLO VENTO 
VIN POLO AIRE.














Unha vez feito o camiño, cada equipo debuxou a súa parte do poema.







Ao rematar, fixemos unha "posta en común", na que cada equipo lle explicou ao resto o que representaran.






Pero quen camiñará por ese camiño?


Pois Rosalía e nós. Así que cada alumno debuxouse camiñando (puxéronlle corpo as fotos da súa cara), e colocáronse no tramo de camiño que realizaron.