Hoxe varios pequech@s trouxeron material relacionado cos CULLARAPOS, para que forme parte do noso RECUNCHO INFORMATIVO.
* PEDRO trouxo un conto titulado "Había una vez un renacuajo". Lemos o conto que narraba como uns nenos atopaban ovos de ras nunha "charca" e collíanos para ver como medraban e mudaban de forma. Aprendemos unha palabra nova que descoñecíamos: FREZA, os ovos das ras.
* IAGO trouxo unha mochila con forma de ra; coas ancas e todo!
* MATEO trouxo unha ra de peluche e un libro informatico chulísimo, no que podemos ver como é unha ra... por dentro! o seu esqueleto, o corazón, o aparello respiratorio, o dixestivo... hoxe ollámolo un pouco, pero cada día iremos aprendendo cousas moi interesantes.
* ELSA trouxo un xogo no que hay que poñer rás en equilibrio, facendo unhas estructuras cos nenúfares. É moi divertido!
Moitísimas grazas por traer todas estas cousas para compartir cos vosos compañeir@s!