mércores, 30 de novembro de 2016

COIDANDO O NOSO PHYSALIS

A "plantiña" de physalis que trouxo Lucía hai unhas semanas, e que deixamos na clase para que prendera ben, precisa medrar ó aire libre, xa que se trata dun arbusto, e como tal é mellor que medre fóra.

Como apenas medrou un cm, en lugar de trasplantalo na terra do noso patio, decidimos deixalo na maceta, pero trasladámolo á un lugar mellor: na escaleira de emerxencia do noso edificio, onde lle da o sol, pero ó mesmo tempo está algo protexida do aire e do frio.

Periodicamente @ encargad@ deberá subir a vixiar como se atopa, canto medra, de que cor ten as follas, e regala se fose preciso. 

Queremos observar o seu crecemento e aprender en directo de este proceso... e de paso, conseguir que de froitos para poder comelos!


martes, 29 de novembro de 2016

A BUXAINA DE HIWOT


A piques de rematar o mes de Novembro, faltaba por compartir a foto da última buxaina que "virou" pola nosa aula... a de HIWOT






Grazas a un refrán destas datas relacionado cun xoguete tradicional, puidemos aprender e divertirnos: "Polo San Martiño, trompos ó camiño".




O PROTAGONISTA DA SEMANA

Xa sabedes que co proxecto de "O PROTAGONISTA DA SEMANA" traballamos múltiples conceptos relacionados coas ciencias sociais.

Durante a semana @s alumn@s convírtense en protagonistas e cóntanlles ós seus compañeir@s datos persoais sobre: si mesmos, a súa familia, a súa casa...


OMAR foi o protagonista e acompañou a súa exposición de cada día con multitude de fotos. 

A medida que pasan os días, e temos máis información, realizamos comparacións entre os datos que temos de cada nen@, e así traballamos nocións loxicomatemáticas, realizamos descricións, aprendemos conceptos novos...

Grazas ás familias por involucrarvos en todos os proxectos que levamos a cabo dende a aula de Bere. 

domingo, 27 de novembro de 2016

MOCHILA VIAXEIRA: DAMIÁN



DAMIÁN e a súa familia tiveron a sorte de poder gozar co contido da nosa MOCHILA VIAXEIRA; que de novo non defraudou, xa que na enquisa sobre a valoración dos libros, todo foi positivo.




Dami contoulles ós seus compañeiros que o libro de "O delfín" foi o seu favorito, e por iso realizou un debuxo sobre el, aínda que aproiveitou para facer algunha manualidade empregando diferentes técnicas, con axuda da súa nai, sobre o libro "El jardín del tío Martín"





Agora tócalle á familia de HIWOT!







venres, 25 de novembro de 2016

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante toda esta semana estivemos traballando a VIOLENCIA DE XÉNERO, para concienciar ós pequech@s dun aspecto tan importante no noso mundo.

É un tema delicado, pero que sen dúbida hai que traballar dende a infancia, para educar na igualdade e no respeto, e así evitar actitudes violentas.

Explicamos primeiro que existen 2 xéneros: o femenino e o masculino; e cando falamos de violencia de xénero, referímonos a cando un dos xéneros "maltrata" ó outro; polo tanto a violencia de xénero pode ir en ambos sentidos: dos homes cara as mulleres e viceversa.

* Pero fixemos fincapé en que hoxe en día, por desgraza, os casos de violencia de xénero son maioritariamente de homes cara mulleres.

Cando falamos de violencia, as primeiras palabras nas que pensan @s nen@s son: pegar, empurrar, dar puñetazos... o que ven sendo maltrato físico, pero quixen facerlles ver tamén que existe o maltrato psicolóxico, e que coas palabras tamén se pode facer moito dano.

O mércores, unhas monitoras do Concello, viñeron a realizar unhas actividades sobre a violencia de xénero:

* Primeiro falaron un pouco c@s pequech@s sobre o tema.



* Logo estamparon as súas mans nun circulo grande, que as monitoras levaron , para mañán, sábado 26, colocalo na praza da igrexa (xunto cos círculos de todos os grupos) , a partir das 6.30 da tarde. 





* Tamén estamparon a súa man nun círculo pequecho, para levalo á casa e colocalo nun lugar visible, como protesta contra a violencia de xénero. 








* E por último, colocáronlle unha chapa, co lema:

"VACÍNATE EN CONTRA 
DA VIOLENCIA MACHISTA. 
É CONTAXIOSO!" 





Hoxe, 25 de NOVEMBRO, realizamos un acto significativo, no que todo o alumnado de 1º e 2º de E.P., pintamos as nosas mans de violeta (color representativo desta loita), e gritamos ven forte:





NON Ó MAL-TRATO
SI Ó BO-TRATO






Aquí vos deixo o noso VÍDEO reivindicativo para este día: 


MANUALIDADE: ÁRBORE DO OUTONO

Durante varios días realizamos unha manualidade na que a protagonista, de novo, era unha árbore do outono; coma sempre tomando de fío conductor o noso proxecto sobre "as árbores do noso patio".

* O fondo realizámolo estirando dous tonos de cera branda sobre un papel groso tamaño A3. Cubriron todo o papel pasando a cera tumbada e logo estirárona con axuda dun pano. 




* Con pincel e témpera, cada un debuxou o tronco e as polas da súa árbore





* Cun sacabocados conseguimos follas de diferentes tonalidades típicas do outono. 




O papel que nos sobrou, plastificámolo, e aproveitámolo para facer un marcapáxinas.




* Pegaron as follas na súa árbore.




E estas son as nosas árbores do outono:





xoves, 24 de novembro de 2016

PATACAS DE AIRE

Hoxe chegaron á nosa aula unhas "cousas verdes con pinchos" que ningún d@s pequech@s coñecía.

Tratábase de... PATACAS DE AIRE


Coma sempre o primeiro é buscar información:



* Patacas de aire, tamén coñecidas comunmente coma "chayote".
* Orixinarias de América do Sur (igual que o physalis, a freixoa e a pasionaria).
* Son os froitos dunha planta trepadora chamada "chayotera".
* Poden estar recubertos de pinchos ou non.
* Pesan sobre 500 gramos. 
* As súas follas son grandes, ata 15 cm, e de forma de "corazón".






Aprendemos cos 5 SENTIDOS:







Fixemos a ficha rexistro da pataca de aire:












* Así son algunhas das fichas rexistro que realizamos:










MASTER CHEF JUNIOR

Hoxe os alumn@s convertíronse en chefs, e levaron a cabo unha receita pero en... inglés.

Teacher Silvia preparou a receita dunhas "COOKIES". E fixeron alarde do seu inglés explicando cada paso. 

* Ademáis gozaron elaborando cada un a súa cookie.

MANS Á MASA!














ç






Por se queredes elaborala, aquí vos deixamos a receita paso a paso explicada en perfecto inglés pol@s pequech@s:





AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

De novo nos tocou saír de roteiro polo noso patio para observar as modificacións que ocasionou o outono nas nosas árbores; dende a última vez.

Menudo cambio!

O ARCE e os PRUNOS están totalmente "pelados", non lles queda nin unha triste folla.






Á MOREIRA, apenas lle quedan unhas poucas follas, de gran tamaño e case todas de cor amerela. Pero destacan as súas polas case nuas. 








O CARBALLO, e o SALGUEIRO CHORÓN, son os que máis aguantan, mantendo aínda unha gran cantidade de follas. No caso do carballo predomina a cor marrón das follas que están case todas secas, mentres que no salgueiro predomina a cor amarela.


No medio do noso roteiro, atopámonos cuns cogomelos. Limitámonos a observalos e falar un pouco:
* Pertences o reino dos fungos.
* Un está formado por un sombreiro e un pe, mentres que o outro aínda está medrando e so se lle ve o sombreiro.
* A cor dun está entre diversos tonos marróns e o outro tamén ten algo de gris.
* Non debemos tocalos, xa que non o coñecemos e poden ser velenosos. 


(Nos vindeiros días buscaremos información para completar as nosas ficha de rexistro). 

Ó volver á aula, BRUNO ensinounos un cogomelo que colleu a fin de semana coa súa familia, e aproveitamos para observalo de preto e comparalo cos que atopamos no patio. ZOE ensinounos un xacinto, que están agardando a que floreza. Unha planta que ten a peculiaridade que nace dun bulbo. 

Encantanos estar en contacto coa natureza para aprender!