luns, 14 de novembro de 2016

+ SOBRE O PHYSALIS

Este curso comezamos a rexistrar as observacións que realizamos das árbores do noso patio, e de igual xeito queremos facer o mesmo con calquera outr@ ser vivo que teñamos oportunidade de observar.

Este foi o caso do PHYSALIS. O xoves puidemos cioñecelo a través dos 5 sentidos e buscamos información para coñecer un pouquiño sobre el. O venres, LUCÍA, trouxo unha pola do arbusto, que casualmete tiña na casa, e aproveitamos para seguir aprendendo.




Puidemos comprobar a peculiar suavidade das súas follas e a beleza característica das súas flores. Incluso puidemos observar como a flor vai sufrindo a tranformación que dará lugar ó futuro froito. 

Hoxe @s nen@s realizaron un debuxo do froito: dentro do carapucho, co carapucho aberto e a baga soa. Estes debuxos formarán parta da "ficha de rexistro" que cada un cubrirá coa información máis relevante. 


Deste xeito, pretendo que o día a día, o entorno... sexan o eixe vertebrador das nosas aprendizaxes, para sasí espertar a motivación e o interese do meu alumnado. 

Moitas grazas ás familias por colaborar, para que isto sexa posible. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.