Hoxe LUCÍA, trouxo á clase unha pequena maceta cunha pequena planta de physalis, que conseguiu, collendo un "fillo" da que ten na súa casa.
Nós imos a coidalo para cando medre trasplantalo no horto que queremos preparar na primavera.
Reflexionamos sobre os coidados que precisan as plantas: auga e sol, a gran maioría... pero en concreto o physalis?
Pois o physalis non require especiais coidados, pero hay que ter tino coas temperaturas extremas, tanto de moita calor coma de moi frío; de igual modo que hay que ter coidado coa cantidade de auga... Polo momento, mentres non medre máis e mentres estemos no outono e durante o inverno, intentaremos coidala dentro.
@ encargad@ cada día, tocará a terra e regaráa, se fose preciso. Periódicamente, realizaremos un rexistro da súa altura, para comporobar canto medra.
Moitas grazas a Lucía e a súa familia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.