xoves, 3 de novembro de 2016

UNIDADES e DECENAS

Hoxe comezamos a tomar contacto cos conceptos de "DECENA" e de "UNIDADE".



O primeiro que fixemos foi coller o noso bote de tapas, que xustamente, conta con 10 tapas:

1 BOTE contén 10 TAPAS = 1 DECENA de tapas





Contamos as 10 tapas, colocámolas dentro do bote, e tapámolo. Collemos un a un todos os botes, e apilándoos fomos contando:









1 BOTE = 10 TAPAS
2 BOTES = 20 TAPAS
3 BOTES = 30 TAPAS
4 BOTE = 40 TAPAS
5 BOTES = 50 TAPAS
6 BOTES = 60 TAPAS
7 BOTE = 70 TAPAS
8 BOTES = 80 TAPAS
9 BOTES = 90 TAPAS




Despois relacionamos estes termos co de decenas e unidades. 

Tamén empregamos o ábaco vertical para abordar estes conceptos. As bolas azuis representas as unidades e as vermellas as decenas.


Neste caso, o que máis lles custa é asimalar que unha bola vermella representa o mesmo que 10 bolas azuis. Pero seguimos empregando a caomparación de bote-tapas para facerllo máis sinxelo.

Ó longo das vindeiras semanas, seguiremos traballando este tema, e empregaremos diversos símiles prácticos.

Para nós é algo moi sinxelo, pero para @s pequech@s trátase de conceptos "abstractos". Na casa podedes xogar a facer grupos de dez de diversos obxectos cotiás. Animádesvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.