sábado, 19 de novembro de 2016

PASIONARIA

Seguimos descubrindo cousas interesantes sobre o reino da plantas grazas ás aportacións que @s pequech@s fan. 

Neste caso, ROI, trouxo unha rama con follas e uns froitos peqculiares, que ten no muro da súa casa.

Tratábase da PASIONARIA, unha planta trepadora que despois de buscar en internet, soupemos que procedía de América do Sur, ó igual que o physalis e a freixoa, que puidemos observar e probar con anterioridade. Polo tanto trátase dunha especie exótica.



Ten unhas flores moi fermosas e espectaculares, de cor branco, lila e amerelo claro. Pero so puidemos velas proxectadas na PDI, posto que a época de floración é o verán. 

Á pasionaria, tamén se lle coñece como pasiflora. O nome está relacionado coa pasión: flor da pasión e froita da pasión. 


De novo empregamos os 5 sentidos para coñecer mellor á pasionaria: 



(Non puidemos empregar o sentido do gusto, debido a que esta variedade de pasionaria non soe empregarse para o consumo)



* Follas verdes, duras, con 5 lóbulos. 




* O froito é unha baga con forma ovoide, carnosa, de sabor acedo, cor alaranxado e sementes vermellas.

* Hai diversas variedades de froitas da pasión. 

* A pasiflora ten múltiples beneficios para a saúde., sobretodo para tratar afecións relacionadas cos nervios. Empregase en medicamentos e tamén en infusións. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.