De novo nos tocou saír de roteiro polo noso patio para observar as modificacións que ocasionou o outono nas nosas árbores; dende a última vez.
Menudo cambio!
O ARCE e os PRUNOS están totalmente "pelados", non lles queda nin unha triste folla.
Á MOREIRA, apenas lle quedan unhas poucas follas, de gran tamaño e case todas de cor amerela. Pero destacan as súas polas case nuas.
O CARBALLO, e o SALGUEIRO CHORÓN, son os que máis aguantan, mantendo aínda unha gran cantidade de follas. No caso do carballo predomina a cor marrón das follas que están case todas secas, mentres que no salgueiro predomina a cor amarela.
No medio do noso roteiro, atopámonos cuns cogomelos. Limitámonos a observalos e falar un pouco:
* Pertences o reino dos fungos.
* Un está formado por un sombreiro e un pe, mentres que o outro aínda está medrando e so se lle ve o sombreiro.
* A cor dun está entre diversos tonos marróns e o outro tamén ten algo de gris.
* Non debemos tocalos, xa que non o coñecemos e poden ser velenosos.
(Nos vindeiros días buscaremos información para completar as nosas ficha de rexistro).
Ó volver á aula, BRUNO ensinounos un cogomelo que colleu a fin de semana coa súa familia, e aproveitamos para observalo de preto e comparalo cos que atopamos no patio. ZOE ensinounos un xacinto, que están agardando a que floreza. Unha planta que ten a peculiaridade que nace dun bulbo.
Encantanos estar en contacto coa natureza para aprender!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.