Durante toda esta semana estivemos traballando a VIOLENCIA DE XÉNERO, para concienciar ós pequech@s dun aspecto tan importante no noso mundo.
É un tema delicado, pero que sen dúbida hai que traballar dende a infancia, para educar na igualdade e no respeto, e así evitar actitudes violentas.
Explicamos primeiro que existen 2 xéneros: o femenino e o masculino; e cando falamos de violencia de xénero, referímonos a cando un dos xéneros "maltrata" ó outro; polo tanto a violencia de xénero pode ir en ambos sentidos: dos homes cara as mulleres e viceversa.
* Pero fixemos fincapé en que hoxe en día, por desgraza, os casos de violencia de xénero son maioritariamente de homes cara mulleres.
Cando falamos de violencia, as primeiras palabras nas que pensan @s nen@s son: pegar, empurrar, dar puñetazos... o que ven sendo maltrato físico, pero quixen facerlles ver tamén que existe o maltrato psicolóxico, e que coas palabras tamén se pode facer moito dano.
O mércores, unhas monitoras do Concello, viñeron a realizar unhas actividades sobre a violencia de xénero:
* Primeiro falaron un pouco c@s pequech@s sobre o tema.
* Logo estamparon as súas mans nun circulo grande, que as monitoras levaron , para mañán, sábado 26, colocalo na praza da igrexa (xunto cos círculos de todos os grupos) , a partir das 6.30 da tarde.
* Tamén estamparon a súa man nun círculo pequecho, para levalo á casa e colocalo nun lugar visible, como protesta contra a violencia de xénero.
* E por último, colocáronlle unha chapa, co lema:
"VACÍNATE EN CONTRA
DA VIOLENCIA MACHISTA.
É CONTAXIOSO!"
Hoxe, 25 de NOVEMBRO, realizamos un acto significativo, no que todo o alumnado de 1º e 2º de E.P., pintamos as nosas mans de violeta (color representativo desta loita), e gritamos ven forte:
NON Ó MAL-TRATO
SI Ó BO-TRATO
Aquí vos deixo o noso VÍDEO reivindicativo para este día:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.