Durante varios días realizamos unha manualidade na que a protagonista, de novo, era unha árbore do outono; coma sempre tomando de fío conductor o noso proxecto sobre "as árbores do noso patio".
* O fondo realizámolo estirando dous tonos de cera branda sobre un papel groso tamaño A3. Cubriron todo o papel pasando a cera tumbada e logo estirárona con axuda dun pano.
* Con pincel e témpera, cada un debuxou o tronco e as polas da súa árbore.
E estas son as nosas árbores do outono:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.