Xa sabedes que co proxecto de "O PROTAGONISTA DA SEMANA" traballamos múltiples conceptos relacionados coas ciencias sociais.
Durante a semana @s alumn@s convírtense en protagonistas e cóntanlles ós seus compañeir@s datos persoais sobre: si mesmos, a súa familia, a súa casa...
OMAR foi o protagonista e acompañou a súa exposición de cada día con multitude de fotos.
A medida que pasan os días, e temos máis información, realizamos comparacións entre os datos que temos de cada nen@, e así traballamos nocións loxicomatemáticas, realizamos descricións, aprendemos conceptos novos...
Grazas ás familias por involucrarvos en todos os proxectos que levamos a cabo dende a aula de Bere.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.