xoves, 17 de novembro de 2016

ÁRBORE SIMÉTRICA DO OUTONO

Hoxe realizamos unha manualidade moi divertida, á par que "ecolóxica", posto que para facela empregamos uns vellos arquivadores que se ian a tirar.

Dándolle voltas á cabeza, ocorréuseme a idea de realizar algo relacionado co outono, e nada máis representativo que unha árbore, sobretodo cando estamos a levar a cabo o proxecto sobre "as árbores do noso patio".

Un dos materiais que máis lles gusta, é a pintura, de xeito que esa ía a ser o eixe central desta manualidade:

"A ÁRBORE SIMÉTRICA DO OUTONO"

Falamos do que é unha simetría, as figuras e cousas simétricas. buscamos exemplos... e despois dinlles o "arquivador" qie sería o lenzo sobre o que pintar a árbore. 

Pero... en branco! Neste caso, eles pintarían tan so a metade dunha árbore partido pola metade de arriba a abaixo: tronco, ramas e follas. 


* Para que a pintura non se secase e puidesen tomarse o tempo que precisasen para realizar a súa obra de arte, debían dobrar e presionar o arquivador para "facer maxia" e que aparecese a outra metade igualiña!


O resultado... incrible! 
E a experiancia, mellor!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.