luns, 7 de novembro de 2016

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO: O PASO DO OUTONO

Hoxe de novo saímos de roteiro polo patio para observar como o paso do outono lle afecta ás árbores do noso patio. Unha a unha fomos observando e rexistrando fotográficamente os cambios que se produciron dende o roteiro anterior. 

Fixámonos principalmente na copa de cada árbore, para analizar o número de follas e tamén a cor. Despois da observación, @s pequech@s, verbalizaron as súas razóns sobre o por que...

* A través da copa do salgueiro chorón podíamos apreciar parte do ceo, debido á perda das súas follas. Aínda que tratándose dunha árbore de gran dimensión e con follas de pequeno tamaño, séguese apreciando unha gran cantidade delas. Segue habendo moitas de cor verde e algunha de cor amarelo; que serán as próximas en caer. 



* A moreira que observamos sempre, perdeu unha gran cantidade de follas. Entre que é máis pequena co salgueiro e que as súas follas son máis grandes, a caída das follas apréciase mellor. As súas follas tamén eran de tonos verdes e amarelos.



* Os pruños da entrada estaban "calvos", ao primeiro, que resultou ser o que máis follas tiña, apenas lle quedaban seis. Como son aínda de pequeno tamaño a cantidade de follas tamén é pequena. Sendo estas de cor granate.



* O carballo do noso patio ten un gran tamaño e unha gran cantidade de follas. Por iso ocórrelle o mesmo co salgueiro chorón; que aínda que a cantidade de follas diminuíu, segue a ter bastantes, A gran maioría das follas combina o tono verde co marrón.



* Por último, fomos a carón do arce (pradairo), tamén é unha árbore de gran tamaño pero que sufriu unha considerable perda de follas. As que lle quedan son case todas de cor amarelo.


En xeral o paso do outono apréciase nas árbores do noso patio. non só nas copas das árbores, como acabamos de ver e analizar; senón tamén no chan, pola gran cantidade de follas que hai nel; xa que todas elas son caducifolias.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.