luns, 21 de novembro de 2016

DEREITOS D@S NEN@S

Coma onte, 20 de novembro, foi o día univerdal dos DEREITOS D@S  NEN@S, hoxe quixemos traballar este tema dende a aula de Bere, para que o alumnado tome conciencia dun tema tan importante coma este. 








O primeiro que fixemos foi falar un pouco da palabra "dereito" e despois analizamos os 10 dereitos fiundamentais que deben ter @s nen@s. 



Rapidamente se deron conta de que non tod@s @s nen@s do mundo están nas mesmas condicións ca eles, e que neste aspecto, son uns privilexiad@s.  

Analizamos cada dereito por separado, e ocorreusenos realizar un pequeno "traballo" con eles... xa que a cámara nos gusta tanto e lle sacamos moito partido, decidimos grabar o nos video cos dereitos d@s nen@s.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.