martes, 22 de novembro de 2016

NOVAS BUXAINAS

Días atrás comezamos a aprender curiosidades sobre as BUXAINAS, debido a que vari@s pequech@s trouxeron estos xoguetes á nosa aula.

Puidemos observar diferencias entre o tamaño e a forma das diferentes partes. Pero hoxe Noa, unha alumna de 4º de E.P., pasou pola nosa clase para deixarnos unha buxaina moi especial que mercara a fin de semana en Portugal


A peculiaridade e que tiña un ferrón diferente a todas as que nos temos na aula: ferrón de tope, do que xa faláramos, pero que non tiveramos a sorte de velo en vivo e en directo... ata hoxe!

A buxaina de Noa, ademaís do ferrón, tiña unha barriga e un pirucho máis grande ás nosas. 



Eu trouxen unha pequena buxaina artesanal, cunha forma e tamaño tamén peculiar e tamén cun ferrón totalmente diferente.






Aproveitamos para visionar un video no que un artesán sae elaborando unha buxaina. Quedaron abraiados!


O mellor de todo foi facelos virar!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.