A mellor maneira de entender e aprender un concepto novo, é facelo dun xeito motivador e significativo.
As experiencias prácticas axudan moito a asimilar os conceptos lóxico-matemáticos. No caso das unidades e as decenas, empregamos os nosos botes de tapas, o ábaco vertical e tamén os cadradiños e as barras.
O outro día todos xuntos no corcho, comprobamos que 10 cadradiños azuis son o mesmo que unha barra vermella. Polo tanto 10 UNIDADES son 1 DECENA.
Comezamos a descopoñer os números para saber de cantas unidades e de cantas decenas estaban formados.
Coa táboa das unidades e das decenas, é máis sixelo e visual, pero para facelo todavía máis claro, coloquei dúas táboas iguais, unha para que colocaran o número e outra para que o descompoñeran.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.